
Publicado por: Ourense Atletismo
O Sanysec – Club Ourense Atletismo rematou en segunda posición en categoría feminina e na oitava en masculina no Campionato Galego de Clubs celebrado en Pontevedra.
Non puido repetir o título do ano pasado e con 119 quedou a 11 da Ximnástica Pontevedra (130). Lastraron as baixas e os tres nulos de Rebeca Fernández na complicada proba da pértega. Quedaron en primeira posición Icía Ares nos 5.000 marcha con 24:35.83, Yiset Magali Jiménez en lanzamento de xavelina con 57.99 metros, Alba Martínez en triplo con 11.75 e Sabela Castelo nos 3.000 lisos con 9:41.57.
En homes, tamén lastrados polas baixas ata o punto de ter que deixar deserto os 3.000 obstáculos, remataron en oitava posición con 56 puntos, lonxe do sétimo posto do Narón, con 78. As segundas posicións de Daniel Villanueva en martelo con 52.66 metros e de Miguel Carbajales en pértega con 4.41 foron os mellores postos obtidos.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CLUBS ABSOLUTO 2026
La entrada SANYSEC – OURENSE SUBCAMPIÓN GALEGO DE CLUBS apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: SANYSEC – OURENSE SUBCAMPIÓN GALEGO DE CLUBS


