SUBCAMPIOAS GALEGAS DE CLUBS

Publicado por: Ourense Atletismo

Ourense Atletismo conseguiu o subcampionato galego en mulleres e a oitava posición en homes no Campionato Galego de Clubs Absoluto.

Boa competición tanto das mulleres como dos rapaces. No cadro feminino quedamos a tan só tres puntos do campión, a Gimnástica de Pontevedra, superando por 23.5 puntos ao Ría Ferrol. Ao rematar a xornada matinal estabamos na terceira posición, pero a segunda parte do día permitiunos subir un escalón do podio e a piques estivemos de lograr o campionato. Destacar as vitorias de Andrea Reija (do filial Xuncas Diversia) nos 100 valos, Manuela Blanco en pértega, e Yiset Magali en xavelina.

En homes rematamos a primeira parte da mañán en sétima posición, non lonxe da sexta, pero ao final quedamos na oitava praza a catro puntos do Sada. A parte da descalificación do debutante Iván Gómez nos 400 valos por pisar a liña na curva, tivemos unha actuación consistente, sobre todo tendo en conta as numerosas baixas. Destacar a acutación de Nicolás Collazo, do filial Ames, que co seu segundo posto na marcha foi quen máis puntos aportou para o equipo.

Na clasificación conxunta quedamos nunha magnífica terceira posición.

Podes consultar os resultados ao momento na seguinte ligazón:

XXXVI Campionato Xunta de Galicia absoluto de clubs

La entrada SUBCAMPIOAS GALEGAS DE CLUBS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: SUBCAMPIOAS GALEGAS DE CLUBS

Mas noticias relacionadas