Publicado por: F.G. Atletismo
Excelentes campionatos os vividos durante esta fin de semana nas pistas Universitarias de Elviña na que máis dun milleiro de atletas en representación de corenta e sete equipos, estiveron tomando parte nos Campionatos Xunta de Galicia Sub16 e Sub20 por equipos baixo o patrocinio de Xunta de Galicia e Concello de A Coruña.
O sábado arrincaba esta cita ca disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub16 na que a nivel de clubs, os triunfos corresponderon na categoría masculina ao Celta Atletismo que nun emocioante man a man co Atletismo Narón, gañaba finalmente polo maior número de primeiros postos obtidos logo de empatar ambas entidades a 79 puntos. O Atletismo Sada con 77 puntos, lograba o terceiro posto no podio desta categoría.
En mulleres, o Ourense Atletismo proclamábase campión galego cun total de 123,5 puntos, seguido polo Atletismo Sada con 121,5 p. e da Gimnástica de Pontevedra con 118 p.
A nive individual, compre salientar os tres novos récords galegos batidos por Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo nos 300 m. con 40.17; o de Joel Santana do Celta Atletismo nos 100 valos con 13.85 e o de Gonzalo Cuns do At. Negreira (participando como filial do At. Santiago) no triplo salto con 14.00 m.
Xa durante o domingo, seguiría toda a emoción do campionato de clubs ca disputa do autonómico Sub20 que nos volvía deixar unha gran competición ao longo das dúas xornadas.
En homes, sufrido triunfo para o Atletismo Narón que amarraba o título nunhas probas de remudas de infarto por tan só punto e medio de diferencia sobre o Celta Atletismo. O cadro do Atletismo Santiago, sería finalmente quen compartiría podio xunto a naroneses e célticos.
Por parte feminina, novamente Ourense Atletismo conseguía un claro triunfo ao sumar un total de 196 puntos. Celta Atletismo con 166 p. e Atletismo Sada con 155.5, p. pechaban os postos de podio.
O artigo Títulos para Ourense, Celta e Narón nos campionatos de clubs Sub16 e Sub20 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Títulos para Ourense, Celta e Narón nos campionatos de clubs Sub16 e Sub20