Todo preparado en Riazor para acoller o galego Sub18

Publicado por: F.G. Atletismo

A pista cuberta do Pazo dos Deportes de Riazor acollerá no día de mañá a partir das 10.45 e ata as 19.30 horas unha nova edición correspondente a disputa do Campionato de Galicia Sub18.

Serán un total de 312 actuacións as que tomen parte nesta cita autonómica na que compre destacar a presenza do atleta internacional do Real Club Celta David Ngwudile que tomará parte na proba dos 400 m. onde se achega cun rexistro nesta tempada de 50.34.

O líder nacional do ranking dos 1.500 m cun rexistro de 3:59.68  Pedro Vázquez do Celta, estará na línea de saída na proba dos 800 m. onde se enfrontará nunha emocioante proba a Iker González da Atlética Lucense quen acredita 1:59.32 e onde todo está por decidir.

No sector dos saltos Samuel Castedo do Atletismo Friol intentará estar por riba dos 1.88 m. na colchoneta de altura ó mesmo que Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense quen intentará mellorar o 1.65 m. logrados do pasado 25 de xaneiro en Lugo.

Na pértega será a representante do ADAS Proinor Lola Bouza quen asuma o protagonismo da proba onde o seu obxectivo será saltar sobre os 3.30 m.

Momento importante será o comezo do triplo feminino as 17.00 horas onde veremos compitindo a dúas importantes saltadoras Dialloo Chao do RIA Ferrol e Alba Cuns do atletismo Negreira (que tamén concursará na lonxitude). A ferrolá acude cun rexistro este ano de 12.12 m. polos 11.93 m. da negreiresa, que fan que a emoción e a expectáculo estén garantidos.

Para rematar non pasamos por alto os lanzamentos onde tamén veremos probas moi interesantes. Na categoría masculina o círculo de peso estará ocupado por Samuel Lema do Atletismo Negreira que este ano quedaría a tan só 5 cm. da barreira dos 14 m. Destacado concurso feminino tamén o que nos ofrecerán Paula Piñón do A.F. Celta que vén con 12.86 m. do ano pasado, e que estará compitindo ca internacional do RIA Ferrol Antía Sestelo e a tamén departamental Xiana Lago.

O artigo Todo preparado en Riazor para acoller o galego Sub18 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Todo preparado en Riazor para acoller o galego Sub18

Mas noticias relacionadas