TRES MEDALLAS NO GALEGO DE PISTA CURTA

Publicado por: Ourense Atletismo

O sábado 27 celebrouse na pista cuberta de Expourense o Campionato Galego de Pista Curta absoluto, cun resultado de tres medallas para o Club Ourense Atletismo.

Na xornada de mañán Alba Martínez logrou a prata en triplo e Aroa Muñoz o bronce en 400. Xa pola tarde, Tania Valverde conseguiría o bronce na lonxitude. Foron varias as mellores marcas persoais e da tempada. Repasamos o resultado dos nosos atletas:

– Xornada de mañán:
• 2ª Alba Martínez Iglesias 12.02 en triplo
• 3ª Aroa Muñoz Alonso 59.68 en 400m.
• 4ª María Aguiar Mosquera con 1.57 en altura
• 5ª Naroa Pereira en 800 con 2:19.51 MMP
• 6ª Paula López Fernández 1:01.59 en 400m.
• 8º Martiño Míguez en 800 con 1:59.95
• Laura Freire en 60m. 8.09, terceira en final B
• Tania Valverde en 60m. 8.12 na final B e un fantástico récord galego master 35 en demifinais con 8.09
• Nayeli Iglesias en 60m. MMP con 8.19 5ª en final B
• Ana Nóvoa en 60m. MMP con 8.30 4ª na súa semifinal
• Joel Osono en 60m. con 7.53 6º na súa semi
• Javier Trillo 5º na súa semi de 400 con 52.31

– Xornada de tarde:
• 3ª Tania Valverde en lonxitude con 5.52
• 6º Alejandro Cadaya en 1500 con 3:59.73 MMP
• 8ª Paula López en 200 onde fixo unha gran semi que gañou con MMT de 26.60
• 8º Diego Ares en altura con 1.69
• 8ª Martina Vila en peso con 9.06
• 9ª Lara Vázquez en lonxitude con 4.78
• 9º Pablo Rodríguez en 60v. con 9.27
• Javi Trillo 4º en semis 200 con 23.26
• Yubenny Jiménez 4ª en semis 200 con 28.01
• Marta Quiroga en pértiga nulos
• Manuela Blanco en pértiga nulos tras iniciar o concurso en 3.60

Bos resultados, polo tanto, nunha pista curta que comeza cos absolutos pero aínda quedan os autonómicos das diferentes categorías.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato de Galicia absoluto en pista curta

La entrada TRES MEDALLAS NO GALEGO DE PISTA CURTA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: TRES MEDALLAS NO GALEGO DE PISTA CURTA

Mas noticias relacionadas