Trilusión asiática

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana vaise poñer o punto e peche aos Campionatos do mundo de Atletismo que serán lembrados entre outros, pola actuación de dous grandes atletas, Armand Duplantis, que lograba un novo récord do mundo en pértega chegando á barreira dos 6.30 m. e por María Pérez, gañadora por segunda ocasión dos títulos mundiais dos 20 e dos 35 Km. marcha. Pouco máis se pode falar a estas alturas destes dous grandes mitos do noso deporte, máis que admirar as súas capacidades e disfrutar cas súas actuacións.

A nivel galego, tamén serán lembrados estes campinatos como o da consolidación na élite mundial  de dous dos grandísimos marchadores que por méritos, traballo e sacrifio están xa ocupando o posto que lles corresponde. Falar de Dani e Antía, ou de Antía e Dani, é falar de dous irmáns a quenes tivemos a oportunidade e o privilexio de velos medrar e crecer dunha maneira progresiva, planificada e metódica tempada a tempada. Si Antía xa apuntaba maneiras no ano 2013 co seu primeiro título de España Sub16 que daban paso a un sin fin de campionatos -entre os cales destaca a súa medalla de bronce Sub23 nos europeos de Tallín no ano 2021-, a progresión de Dani quedaba lastrada por motivos de saude desde practicamete o ano 2016 -no que tomou parte no Campionato do Mundo Sub20 en Bydgoszcz- e ata o ano 2023 que marca o comezo dunha nova etapa, xa solventados todos os problemas. Desde entón esa gran familia, na que tamén queremos por en valor o grandísimo apoio levado a cabo polos seus pais, non fixo máis que sumar e progresar ata afianzarse, xa por fin en Tokio, na elite da marcha mundial grazas a eses postos de finalistas que nos permite disfrutar en presente e soñar en futuro.

Un proxecto ilusionante sobre os 1500

Se a marcha galega ten nos apelidos Chamosa Dacasa o seu referente, no medio fondo estes son sen dúbida os de Ben Montenegro.

Aquel rapaz procedente da gran canteira que o atletismo lucense deu – e segue dando- acumula a día de hoxe un total de 17 internacionalidades e doce campionatos de España nas distintas categorías e especialidades, facendo del un dos máis importantes na historia do noso atletismo.

Este ano daba o salto na elite mundial á proba dos 1.500 m. deixando unhas  excelentes sensacións e unhas sobradas xenialidades tácticas sobre a pista que o levaban  á sumar na capital asiática o terceiro posto de finalista en catro mundiais tras os de Doha 2016 (6º) e o de Eugene 2022 (4º)

Con 27 anos recén cumplidos podemos afirmar que si as lesións respectan, teremos por diante moitas máis xornadas de celebracións deportivas.

 

O artigo Trilusión asiática publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Trilusión asiática

Mas noticias relacionadas