Un gran clima constructivo envolveu a Asemblea Xeral da FGA

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe celebrouse na sede da RFG de Fútbol de Santiago a Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Atletismo que contou con boa parte dos seus membros.

A xuntanza do máximo órgano federativo que se extendeu desde as 17.30 ata as 20.35 horas, daba comezo co informe do Presidente Iván Sanmartín quen fixo unha exposición sobre o que deu de sí o ano 2023 baixo varias perspectivas.

De seguido e baixo un gran ambente constructivo por parte de todos e todas as súas asambleístas,  fórense aprobando por unamidade tanto as contas do ano 2023 como a dos orzamentos do ano 2024.

A maiores debatíronse de maneira extensa as distintas propostas que no apartado de rogos e preguntas, eran plantexadas polos membros e estamentos asamblearios e que precederon ao remataba desta sesión.  Precisamente o presidente da FGA, era o encargado de pechar a mesma, non sen antes agradecer a todas e todos o excelente ambente de traballo, propostas e aportación amosado no día de hoxe.

 

O artigo Un gran clima constructivo envolveu a Asemblea Xeral da FGA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Un gran clima constructivo envolveu a Asemblea Xeral da FGA

Mas noticias relacionadas