Xela e a Selección masculina Sub16, destacan no nacional de Campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

A Selección Galega Sub16 masculina lograba no día de onte a segunda posición no Campionato de España de Campo a través do CSD na edición disputada  no Centro Ecuestre El Asturcón en Oviedo e no que dazoito Seleccións e preto de catrocentos atletas en representación de practicamente todo o Estado tomaban parte

O equipo formado por Ricardo Negrete (7º), Damián Suárez (8º), Teo de Frutos (17º), Sergio Quintas (18º), Asahber Díaz (20º) e Matías Regueiro (35º) lograba este meritoria segunda posición nun campionato na que tan só cederían ante a selección do Pais Vasco por tan só dous puntos.

A outra das noticias da xornada foi a carreira da lucense Xela Martínez quen lograba o triunfo individual proclamándose campioa de España e amosando novamente a súa enorme calidade nunha categoría Sub16 onde a Selección remataba por equipos na sétima posición da clasificación xeral.

Nas categorías Sub18, o equipo masculino liderado por Mateo Rodríguez (9º) lograba a sexta posición sendo novenas as mulleres na que Paula Cabaleiro (41ª) lograba o mellor posto das galegas.

O artigo Xela e a Selección masculina Sub16, destacan no nacional de Campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Xela e a Selección masculina Sub16, destacan no nacional de Campo a través

Mas noticias relacionadas