XI Campionato Galego de Pista Cuberta Categorías Menores.

Publicado por: Ourense Atletismo

Sen moito tempo para descansar, os atletas máis cativos do noso club volven ter unha cita este domingo na pista de Expourense. Desta volta a Federación Galega de Atletismo organiza o XI Campionato de Galicia Sub-10, Sub-12 e Sub-14 de pista Cuberta o vindeiro domingo 25 febreiro, na Pista Cuberta de Expourense. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do luns 19 de febreiro. Existe unha limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso de ser carreiras só unha poderá ser superior a 50). Será en doble xornada de mañá e tarde.
 
 
 

Enlace con la noticia original: XI Campionato Galego de Pista Cuberta Categorías Menores.

Mas noticias relacionadas