Xogade – Atletismo Pista – 1ª Fase Ourense

Publicado por: Ourense Atletismo

O próximo sábado retomamos a competición, desta volta comenzan as probas na pista ao Aire Libre no complexo deportivo de Monterrei.

Nesta modalidade deportiva, organizarase un campionato individual así como unha clasificación por equipos en base aos resultados dos/as atletas de cada entidade na competición individual.

En cada xornada, das que se disputan, os atletas de categoría Benxamín e Alevín poderán participar como máximo en dúas probas das que compoñen o programa. No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 250 metros. Na categoría infantil, cada atleta poderá participar en cada xornada nun máximo de tres probas,respetando sempre a seguinte norma de participación: tres concursos; dous concursos e unha carreira ou un concurso e dúas carreiras (sendo unha de las inferior aos 250 metros). No caso de participar en dúas probas respetarase a seguinte norma de participación: dos concursos; un concurso e unha carreira ou dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros).

O programa de competición das xornadas previas completarase con probas para a categoría cadete e xuvenil; nas que podrán participar atletas desta categoría con ficha dilixenciada por Clubes da Delegación en Ourense e O Barco de Valdeorras da Federación Galega de Atletismo. A participación está restrinxida nas previas para as categorías Benxamín e Alevín, a un máximo de seis atletas por clube e proba.

Horario Inscritos

 


Enlace con la noticia original: Xogade – Atletismo Pista – 1ª Fase Ourense

Mas noticias relacionadas