Xogade. Campionato Galego.

Publicado por: Ourense Atletismo

O próximo día 16 de febreiro en xornada de mañá, no complexo deportivo de Monterrey, vaise desputar o Campionato Galego de Campo a Través “Xogade”.

As regras que rixen para iste campionato serán as seguintes:

Nas categorías Alevín, Infantil e cadete , poderán tomar parte en cada unha das probas, os DOUS PRIMEIROS EQUIPOS clasificados de cada provincia e os OITO PRIMEIROS ATLETAS, se non forman parte dos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.
Cada Equipo estará formado por un mínimo de catro e un máximo de seis atletas.

En calquera momento poderáse solicitar a IDENTIFICACION dos participantes. Polo tanto, os delegados de cada clube deberán portar o día da proba o listado da identificación dos atletas dos que sexan responsables, así como os participantes ir identificados con DNI ou
carnet XOGADE. Tódolos participantes deben presentarse portando a camiseta do seu clube.

As inscricións deberán facerse no sistema online da RFEA como prazo máximo as 20:00 horas do martes 12 de febreiro.

 

Inscritos  Horario 


Enlace con la noticia original: Xogade. Campionato Galego.

Mas noticias relacionadas