“Xogando ó atletismo” segue coa súa promoción por Ortigueira

Publicado por: F.G. Atletismo

Continúase traballando na campaña de inición de Xogando ó Atletismo na comarca do Ortegal, onde desta vez sería o CEIP José María Lage quen contara ca intervención de Olga Vicente en calidade dun dos membros do equipo que está a levar a cabo este proxecto.

Entre os obxectivos da axenda, estivo a de iniciar as/os nenos e adolescentes na práctica do atletismo, ademáis de inculcarlles diferentes valores como a socialización, o compañeirismo ou o traballo en equipo, co fin último de poder culminar ca creación dunha nova entidade deportiva na vila.

O Vicepresidente da Área Social da FGA, Jesús Vázquez destacou “son iniciativas moi interesantes para o desenvolvemento do atletismo e estamos moi agradecidos tanto a Olga Vicente como a Raúl Redondo, por esta progresiva expansión tanto na Mariña de Lugo como agora de forma progresiva no Ortegal”. 

 

O artigo “Xogando ó atletismo” segue coa súa promoción por Ortigueira publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: “Xogando ó atletismo” segue coa súa promoción por Ortigueira

Mas noticias relacionadas