Xornada de competición formativa de marcha atlética

Publicado por: F.G. Atletismo

O domingo día 11 de Novembro celébrase a I Xornada de competición Formativa Galega de Marcha nas pistas do CGTD de Pontevedra. A esta cita poderán acudir os distintos atletas federados, sendo o eixo central da mesma, a formación dos distintos estamentos de xuices/atletas/adestradores de cara ó Campionato de Galicia de marcha de inverno.

As probas formativas darán comezo as 10.45 horas (1000 m. Sub10); 11.00 horas (2.000 m. Sub12); 11.25 horas (2.000 m. Sub14); 11.50 horas (3000 Sub16) para rematar as 12.20 horas co resto de categorías sobre 5.000 m.

Todos aqueles interesados en tomar parte na mesma deberán contactar co Responsable do Sector de Marcha da FGA Carlos Morales

O artigo Xornada de competición formativa de marcha atlética publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Xornada de competición formativa de marcha atlética

Mas noticias relacionadas