A AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR ESTREASE NESTE ANO 2020 COA COLABORACIÓN DO SEIS DO NADAL

Publicado por: Seis do Nadal Basket

.

No ecuador desta tempada 2019/2020 a Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración do noso Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, reactiva o formato da "Aula Formativa do Adestrador". A primeira das convocatorias deste ano será en Vigo o vindeiro martes día 25 de febreiro do 2020 no pavillón de Navia.

.

O programa da Aula Formativa cubrirá toda a tarde do martes a través das intervencións de Javier Peinó e Álex Gómez, técnicos ambos que teñen experiencia como Seleccionadores e en dinámicas de clubs e que porán ao alcande de tódolos interesados que se acheguen as seguintes parcelas temáticas:

 

(17:00 h.) Javi Peinó, Seleccionador Galego Infantil Masculino

"Propostas defensivas para a evolución do xogador"

 

(19:00 h.) Álex Gómez, Ex-Seleccionador Andaluz Mini Feminino

"Propostas defensivas para a evolución do xogador"


Enlace con la noticia original: A AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR ESTREASE NESTE ANO 2020 COA COLABORACIÓN DO SEIS DO NADAL

Mas noticias relacionadas