A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DESTA NOVA TEMPADA SERÁ O VENRES 25 DE AGOSTO

Publicado por: Seis do Nadal Basket

A vindeira tempada 2023/2024 xoga no Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Apúntate e proba!

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará o próximo venres día 25 de agosto do 2023 unha xornada de portas abertas nas pistas do Colexio Seis do Nadal en Coia..

De 17:00 a 18:00 horas será a quenda das categorías baby e benxamín (xogador@s nad@s nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017) e da categoría alevín (nad@s nos anos 2012 e 2013). A sesión de adestramentos das categorías infnatil (nad@s nos anos 2010 e 2011), cadete (nad@s nos anos 2008 e 2009) e júnior (nad@s nos anos 2006 e 2007) será de 18:30 a 19:30 horas.

Poderán inscribirse nesta xornada de portas abertas tódolos xogadores e xogadoras que desexen formar parte da familia do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nesta nova tempada 2023/2024. Soamente terán que enviar os seus datos por whatsapp (627516980) ou ao correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

Non o dubides e apúntante nesta xornada! Agardámosvos a todos e todas!


Enlace con la noticia original: A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DESTA NOVA TEMPADA SERÁ O VENRES 25 DE AGOSTO

Mas noticias relacionadas