ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DE VERÁN 2023

Publicado por: Seis do Nadal Basket

Despois do éxito do Campus de Verán 2023 o Club Baloncesto Seis do Nadal xa ten preparada unha nova actividade: as Xornadas de Tecnificación de Verán..

Durante a semana do 31 de xullo ao 4 de agosto do 2023 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal as Xornadas de Tecnificación de Verán 2023 organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 17 anos.

Estas xornadas ofrecerán unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia.
As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na táctica colectiva e individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse nestas Xornadas de Tecnificación os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2015) e ata júnior (nados no ano 2006). 

O prezo deste campus é de 90 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 70 euros. 

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación de Verán 2023 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). Para formalizar a inscrición nas Xornadas de Tecnificación de Verán 2023 haberá que enviar o comprobante de pago e a folla de inscrición ao seguinte correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do 27 de xullo do 2023.


Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DE VERÁN 2023

Mas noticias relacionadas