JULIA ALVES PARTICIPOU NO TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE MINIBÁSQUET DISPUTADO EN MARÍN

Publicado por: Seis do Nadal Basket

(Julia Alves co combinado galego no Torneo de Seleccións de Marín)

.

Os pasados días 10 e 11 de febreiro de 2018 celebrouse en Marín, nos pavillóns de A Raña e San Narciso, a V Edición do Torneo de Seleccións de Minibásquet, cita preparatoria do Campionato de España da categoría.

.

Durantes estas dúas datas competiron na vila pontevedresa as preseleccións autonómicas de Castela León, Asturias, Euskadi e Galicia. Na Preselección Galega de Minibásquet Feminina foi convocada Julia Alves, xogadora do Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

.

(Julia Alves ao remate dun partido do Torneo de Seleccións de Marín)

 

A Preselección Galega Mini Feminina conseguiu os seguintes resultados durante os partidos do Torneo de Seleccións que disputaron no Pavillón San Narciso:

 

10/02/2018: Galicia 63 – Castela León 55

10/02/2018: Galicia 37 – Euskadi 81

11/02/2018: Asturias 39 – Galicia 55

.

(Julia Alves durante un tempo morto do torneo xunto ao seu adestrador)


Enlace con la noticia original: JULIA ALVES PARTICIPOU NO TORNEO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE MINIBÁSQUET DISPUTADO EN MARÍN

Mas noticias relacionadas