O CADETE FEMININO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PREMIUM DA DELEGACIÓN VIGUESA

Publicado por: Seis do Nadal Basket

O equipo Cadete Feminino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, Seis do Nadal Illas Cíes, proclamouse campión da Copa Premium da Delegación de Vigo da Federación Galega de Baloncesto.

A final disputouse a un único partido en pista neutral, no Colexio Apóstol, conseguindo a vitoria o noso conxunto ante o equipo do Defensores do Morrazo.

Parabéns e moitas felicidades a tódalas xogadoras do equipo e aos técnicos!


Enlace con la noticia original: O CADETE FEMININO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PREMIUM DA DELEGACIÓN VIGUESA

Mas noticias relacionadas