Publicado por: Seis do Nadal Basket
Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia queremos colaborar unha vez máis co Banco de Alimentos de Vigo axudando a difundir a súa campaña da Gran Recollida de Alimentos para apoiar aos que máis o precisan nestes momentos.
Na imaxe de arriba unha representación dos xogadores do Sénior Masculino de Primeira División e das xogadoras do Sénior Feminino de Primeira Nacional amosan o seu apoi á Gran Recollida de Alimentos de Vigo e Pontevedra. Na imaxe de abaixo os deportistas máis pequenos do club tamén colaboran coa difusión da Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo.
Axudémonos entre todos e todas! #GranRecogidaVigoYPontevedra
Enlace con la noticia original: O NOSO CLUB APOIA A GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS DE VIGO E PONTEVEDRA DO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO