Publicado por: Seis do Nadal Basket
.
Durante a semana do 20 ao 25 de xullo do 2029 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Verán 2020 organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos, e con tódalas medidas de seguridade e hixiene esixidas.
.
Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións.
.
A quenda de mañá, de 10:00 a 13:30 horas, xa ten todas as prazas dispoñibles esgotadas. Haberá unha nova quenda de tarde, no mesmo formato que a quenda de mañá, de 17:00 a 20:30 horas no Colexio Seis do Nadal. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña.
Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2013) e ata júnior (nados no ano 2002).
O prezo deste campus é de 80 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 65 euros.
As prazas dispoñibles para o Campus de Verán son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data de recepción da folla de inscrición). Para reservar a praza é preciso enviar a folla de inscrición e a autoricación cubertas ao enderezo areadeportiva@seisdonadalcoia.com. Para formalizar a inscrición, e unha vez o que Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia confirme a celebración do Campus de Verán seguindo as indicacións das autoridades, haberá que realizar o pago e enviar o comprobante do mesmo.
Enlace con la noticia original: PRAZAS ESGOTADAS NA QUENDA DE MAÑÁ DO CAMPUS DE VERÁN. ABERTA UNHA NOVA QUENDA DE TARDE!