
Publicado por: Bm Porriño

CAMIÑANDO COA NOSA XENTE 

Ali, Sara, Erol, Álex, Pedro, Maqui, Graciela, Edi, Nando, Mari, Joni, Rubén, Ángel, Juan, Pablo, Vane, Ana, Carmen, Paulo e o noso querido Toñín representan o noso maior equipo.
Cada un deles leva unha historia ligada ao Club Balonmán Porriño. Algúns medraron entre estas paredes, outros descubriron aquí unha segunda casa, pero todos teñen algo en común: seguen formando parte da nosa historia porque continúan confiando, apoiando e sentindo estas cores como o primeiro día.
Son os que animan sen descanso desde a bancada, os que están cando fai falta botar unha man, os que celebran cada vitoria e empurran nas derrotas. Son o exemplo para os máis pequenos, que comezan agora a vivir a paixón polo balonmán.
Nesta fotografía aparecen eles, pero poderían estar moitos máis. Porque a nosa masa social é a forza que fai medrar este club tempada tras tempada.
Por iso, nesta campaña de abonados, eles son os protagonistas. Eles son o noso maior logro. Eles son o noso maior equipo.
Dende hoxe xa podes facerte socio/a do Club Balonmán Porriño e gozar de todos os partidos do Conservas Orbe Zendal BM Porriño na Liga Guerreras Iberdrola e do noso equipo de 1ª Nacional Masculina.
Accede ao enlace ou escanea o código QR do cartel para rexistrarte en Cluber de forma rápida e sinxela.
Non o dubides. Camiñando coa nosa xente, esta tempada 2026/2027 vai ser inesquecible.
O NOSO MAIOR EQUIPO 
Enlace con la noticia original: Campaña Siareiros 2026 – 2027
