DERBI GALEGO

Publicado por: Mecalia Guardés

Onte tivemos día de descanso, pero hoxe xa comezamos cunha dobre sesión a preparar o segundo #XogoDeRaíñas ⚔ da temporada 18/19.

No penúltimo partido do que gozaremos neste curso no O Inferno de A Sangriña recibimos ao outro club galego da Liga Guerreras Iberdrola: o Club Balonmano Porriño (domingo 12 de maio ás 12 h).

⚠ Lembrade ademais que será #DíaDoClub cos seguintes precios:

Socios:

Adulto: 5 € 

Sub 20 e sub 13: 3 €

Non socios:

Adulto: 15 €

Sub 20: 8 €

Sub 13: 3 €

Tódolos menores de 7 anos: DE BALDE

Agardamos por vós para gozar do mellor balonmán galego feminino! 


Enlace con la noticia original: DERBI GALEGO

Mas noticias relacionadas