Publicado por: F.G. Ciclismo
O IV Memorial Fernando Abad dará o bandeirazo de saída o domingo 24 de marzo en Sigüeiro á segunda edición da Copa Galicia de Estrada Máster. O calendario 2019 deste certame autonómico presenta outras catro probas puntuables.
Na primeira fin de semana de abril, o domingo 7, disputarase o VII Trofeo De Ciclismo Concello da Estrada. Tras arrancar con dúas carreiras en quince días, a Copa vivirá unha paréntese e regresará con forza a principios de xuño.
O domingo 2, celebrarase o IV Trofeo Patrocinador nas estradas da comarca do Barbanza e unha semana máis tarde, o domingo 9, chegará a quenda do I Trofeo Máster Cidade de Betanzos.
A resolución do certame terá como escenario Marín, co XXXVII Trofeo Virxe do Carme fixado para o sábado 6 de xullo.
Iago Alonso nos masters-30, Rubén Fernández nos masters-40 e Javier de la Fuente nos masters-50/60 foron o ano pasado os gañadores das clasificacións finais.
Calendario
24/03/2019 IV MEMORIAL FERNANDO ABAD TAMBRE BIKE, C.C.
07/04/2019 VII TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DE A ESTRADA CIDADE DE SANTIAGO, C.C.
02/06/2018 IV TROFEO PATROCINADOR BARBANZA, C.C.
09/06/2019 I TROFEO MASTER CIDADE DE BETANZOS BETANZOS, C.C.
06/07/2019 XXXVII TROFEO VIRXEN DO CARMEN MARIN, C.C.
Enlace con la noticia original: A Copa Galicia de Estrada Máster terá cinco citas puntuables