A Copa Galicia DHI celebra a súa segunda xornada este domingo no Páramo

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Coa cuarta edición do Descenso DHGTeam regresa este domingo a Copa Galicia DHI no concello do Páramo. A competición que se puxo en marcha o pasado mes de marzo en Santiago de Compostela celebra en terras lucenses a súa segunda xornada. 

Os rankings deste certame están encabezados por Diego Álvarez nos cadetes, Víctor Mariño (X Bikes) nos juniors, César Sánchez (Corbelo) nos sub23, Marco Veiga (CiclosQuintena) nos elites, Uxía Álvarez (Coruxo) nas mulleres, Alejandro Vila (Xtrembike) nos masters-30, José Manuel Verdía (CiclosQuintena) nos masters-40 e Manuel Paz (Compostelano) nos masters-50.

Os adestramentos libres, con remontes da organización, están fixados para o sábado desde as 15:00 horas ata as 19:00. Ao día seguinte, a xornada comezará coa entrega de dorsais, de 08:30 hora a 09:30, mentres que os adestramentos oficiais arrancarán ás 08:30 e rematarán ás 10:30. O momento para a competición chegará ás 11:00 horas coa quenda clasificatoria e a final disputarase a partir das 12:00. 


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia DHI celebra a súa segunda xornada este domingo no Páramo

Mas noticias relacionadas