Publicado por: F.G. Ciclismo
O Descenso autonómico tamén terá neste 2019 o seu propio certame. A Copa Galicia DHI constará de tres xornadas que se porán en marcha o 30 de xuño na localidade pontevedresa de Marín co VI DH Kamikazes.
As outras dúas citas concentraranse no inicio do outono. O 22 de setembro o municipio luncense do Páramo será o escenario do V Descenso DHGTeam e para rematar a temporada o Descenso galego vivirá o seu gran día o 6 de outubro en Xunqueira de Espadanedo. Nesta vila ourensá disputarase o Campionato de Galicia DHI 2019. Ademais de poñerse en xogo as coroas autonómicas desta modalidade, tamén se repartirán os puntos definitivos para a Copa.
Calendario
30/06/2019 VI DH Kamikazes Kamikazes, C.D.
22/09/2019 V Descenso DHGTeam DH Galicia, C.
06/10/2019 Campionato de Galicia FGC
Enlace con la noticia original: A Copa Galicia DHI desvela o seu calendario