A júnior Carla Fernández subiu ao podio no Trofeo Baja Andarax da Copa de España

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A viguesa Carla Fernández demostrou as súas dotes de escaladora na segunda proba puntuable da Copa de España Féminas Cofidis de estrada. No final en alto da Sierra de Alhamilla a corredora júnior do Río Miera – Meruelo finalizou terceira. Este resultado conseguido na provincia de Almería catapultouna na clasificación xeral do certame estatal ata a cuarta praza.

A carreira júnior, que comprendía o mesmo final que a das Elite e Sub23, decidiuse nas ramplas do último porto. As ciclistas de 17 e 18 anos uníronse ao pelotón das maiores e loitaron por resistir á súa roda ata a chegada ao ascenso, onde se resolveu a competición. Dúas compañeiras de equipo, Irati Puigdefabregas e Idoia Eraso, do Nafarroa- Ermitagaña Navarra, foron as máis fortes da categoría e ocuparon a primeira e segunda posición respectivamente; mentres que con 15 segundos de atraso con respecto a estas cruzou a meta a galega Fernández.

A Copa de España non ofrece tregua e este domingo dispútase en Cantabria a súa terceira xornada, o IV Trofeo Ciclismo Femenino Villa de Noja.

Máis información 


Enlace con la noticia original: A júnior Carla Fernández subiu ao podio no Trofeo Baja Andarax da Copa de España

Mas noticias relacionadas