A Pedaliña encherá de bicicletas Vigo esta fin de semana

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Coa cooperación do Concello, a organización de A Golpe de Pedal e a coloboración da Federación Galega de Ciclismo e varios clubes da cidade olívica, esta fin de semana a Pedaliña encherá  Vigo de bicicletas. A primeira cita é o sábado pola tarde, no parque do Castro, con actividades para toda a familia entre as 17,e as 21,00 h. O domingo, as 11,00 h todos os que o desexen poderán participar nunha ruta urbana en bicicleta que terá como saída e como meta a Porta do Sol. 

Abel Caballero, alcalde de Vigo, eloxiou na presentación unha iniciativa que ademais de fomentar o uso da bicicleta como forma de transporte, axuda a promover hábitos de vida saudables. A este respecto, lembrou que o Concello seguirá a potenciar o uso deste vehículo na cidade e avanzou que está a piques de rematar o primeiro carril bici de longo percorrido -entre Samil e a Avenida de Bos Aires. 

As actividades do Castro incluirán, entre outras, rutas en BTT, mini Bike Park, Bike trial, bicicletas adaptadas, circuíto habilidade, circuíto de Educación Vial, campionato BMX, ademais de xogos populares ou inchables. 

As inscricións teñen un custo de 3 euros e o prazo rematará o sábado ás 20,00 h. Nesta ocasión, un terzo da recadación será destinado á Afaga (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer).

 


Enlace con la noticia original: A Pedaliña encherá de bicicletas Vigo esta fin de semana

Mas noticias relacionadas