A Selección de Galicia Júnior ten esta fin de semana unha dobre cita en Valladolid

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Seis corredores representarán durante a fin de semana nas estradas vallisoletanas á Selección de Galicia Júnior. O combinado autonómico estréase no 2018 disputando este sábado o III  Trofeo La Cistérniga Viana de Cega, no formato de contrarreloxo por equipos (CRE), e o domingo o VII Trofeo Federación Copa Valladolid 'Memorial Ángel Lozano'. 

Os ciclistas convocados polo seleccionador Guillermo Sande para estra dobre cita son Adrián Giráldez, Brais Gómez e Iván Rodríguez (Ponteareas), Uxío San Martín (Cortizo – Anova), Brais García (Cambre – Caeiro) e Martín Soutullo (Carballo a un Paso).

A primeira das probas será unha contrarreloxo por equipos sobre unha distancia de 17,5 kilómetros, que servirá de anticipo para a carreira en liña do día seguinte. O Trofeo Federación arrancará ás 11:00 horas dende La Cistérniga. O percorrido de 116 kilómetros conta con cinco cotas de montaña e rematará na Cúpula do Milenio, en Valladolid. 

A Selección de Galicia será un dos doce combinados autonómicos que participen na Copa Valladolid 'Memorial Ángel Lozano'. Tamén tomarán a saída quince equipos, entre eles, o Dipuleón-Bembibre do que forman parte os corredores galegos Miguel Cerviño e Ivan Días. 

Foto: Fernanda Rivera


Enlace con la noticia original: A Selección de Galicia Júnior ten esta fin de semana unha dobre cita en Valladolid

Mas noticias relacionadas