A VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA DA CORUÑA TERÁ WEB PROPIA

Publicado por: F.G. Ciclismo

Como vén sendo habitual nas dúas grandes voltas que organiza a federación galega de ciclismo, a Volta Ciclista á provincia da Coruña contará con web propia para acceder á información correspondente á mesma.

A rolda coruñesa terá lugar os días 1, 2 e 3 de xuño con etapas en Ponteceso, Curtis e Cariño.

A través do site www.voltacoruna.com pódense descargar os perfís e rutómetros de cada etapa así como a información de horarios e equipos ademais dos resultados das tres xornadas.

https://www.voltacoruna.com

 


Enlace con la noticia original: A VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA DA CORUÑA TERÁ WEB PROPIA

Mas noticias relacionadas