Ata o 13 de novembro poden solicitarse probas para o calendario autonómico 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo mantén aberto o prazo para solicitar as probas do calendario autonómico 2020. Este novo período de admisión das solicitudes finaliza o mércores 13 de novembro de 2019.

 

TAXAS

Aínda non lles podemos confirmar os prezos das taxas da tempada do 2020 debido a que será a Asemblea Xeral a que aprobe as Obrigacións Financeiras da próxima tempada, polo que a data de hoxe están en vigor as do 2019.

Con motivo de facilitar aos clubs organizadores de probas a xustificacións das posibles subvencións, e para que a facturación coincida co ano de celebración da proba, estableceuse o pago das taxas federativas a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Tanto o pago das taxas federativas como os dereitos de arbitraxe débense realizar na conta de Abanca nº ES75 2080 5527 0730 4000 1273

 

DATAS RESERVADAS

Adxuntamos ao final deste texto os Precalendarios de BTT e Estrada 2020, co rogo de que non as ocupen á hora de calendar as súas probas. Os Precalendarios son provisionais ata a aprobación definitiva na Asamblea Xeral programada para o mes de decembro

 

PERMISOS

Os prazos establecidos pola Xunta de Galicia para solicitar as pertinentes autorizacións son:

– Para as probas e marchas ciclismo para todos de BTT, 3 meses de antelación na Consellería de Medio Rural

– Para as probas de estrada, 1 mes ante a Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Isto implica que deberán remitir os regulamentos a Federación como mínimo 15 días antes para a expedición dos certificados.

Para as probas que só requiran a autorización do seu concello ou non necesitan ningún tipo de permiso, o prazo de presentación dos regulamentos ante a FGC é de 45 días (o mesmo prazo que as probas de estrada)

Coa remisión dos regulamentos á Federación, deben achegar as copias dos xustificantes dos pagos das taxas federativas e da arbitraxe, sen este requisito, non se aprobarán os regulamentos e non se expedirán os certificados.


Enlace con la noticia original: Ata o 13 de novembro poden solicitarse probas para o calendario autonómico 2020

Mas noticias relacionadas