Delio Fernández comezou a temporada rematando entre os dez primeiros da xeral no Tour de Taiwán

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Inicio exótico de calendario para Delio Fernández. O ciclista moañés do Nippo Delko One Provence abriu a súa temporada disputando o Tour de Taiwán e nesta proba por etapas do UCI Asia Tour conseguiu a novena posición na clasificación xeral final

Despois de pasar polo quirófano a principios de decembro para operarse dun ombreiro, o morracense púxose o seu primeiro dorsal do ano 2020 no continente asiático. Foi na cuarta das cinco etapas desta volta cando se filtrou nunha fuga e grazas ás bonifacións conseguiu meterse no top ten

O australiano Nicholas White (Team BridgeLane) impúxose na axustada xeral final. Delio terminou a 22 segundos do gañador e como segundo mellor español e europeo. "Sabendo que a miña condición non é a mellor nestes momentos, houbo que sufrir e buscar a forma de ir rascando bonificacións para asomar a cabeza. Agora toca seguir traballando para as carreiras de Europa, que aí si que é outro conto", valorou o corredor galego nas súas redes sociais. 


Enlace con la noticia original: Delio Fernández comezou a temporada rematando entre os dez primeiros da xeral no Tour de Taiwán

Mas noticias relacionadas