Esteban Sánchez e Lara Lois impuxéronse na Transgalaica VigoBikeContest

Publicado por: F.G. Ciclismo

O VigoBikeContest puido celebrar a súa versión Maratón Btt coa disputa da proba puntuable para o circuíto da Transgalaica despois de que a organización tivese que aprazar nos dous fins de semana anteriores as probas de enduro debido aos temporais que atravesaron a península. A diferenza de entón,  nesta ocasión mesmo brillou o sol en Candeán e arredores.

Máis de 300 participantes déronse cita sobre un circuíto de case 30 quilómetros ao que tiñan que darlle 2 voltas e superar 2000 metros de desnivel acumulado. Un circuíto ao que a auga caída durante a noite fixo máis duro se cabe, aínda que co paso dos corredores foise secando e mellorando as súas condicións.

A pontevedresa Lara Lois demostrou por que é a líder da Trasngalaica 2018 impoñéndose cunha autoridade esmagadora sobre Isabel Picoaga e Mar Delgado. Lara, ademais de dominar as probas de maratón, está a ter un ano de debut nas probas de Cros Country Olímpico con varios podios en carreiras do nacional luso.

No cadro masculino, as enquisas tiñan dous claros favoritos, Brandan Márquez, vencedor o ano pasado en Candeán, e Javi Busto, vencedor das dúas primeiras edicións desta proba viguesa. Desde os primeiros compases da proba os homes do Extol -La Gramola, Javi Busto e Esteban Sánchez, impuxeron un ritmo moi forte que só trataban de seguir a 10-15 segundos a dupla formada por Alejandro Trasbach e Brandan Márquez. Pero que os de Lalín souberon traballar en equipo e manter as distancias.

Na baixada final Esteban Sánchez foi capaz de desprenderse do seu teórico xefe de filas para chegar a meta cunha pequena distancia de vantaxe, aínda que quixo esperar por Busto debaixo do arco de chegada para cruzalo unidos. A de Candeán foi a primeira vitoria de Esteban Sánchez, que se mostraba eufórico e agradecido a Javi Busto polo traballo en conxunto que realizaran durante toda a mañá. En terceira posición entraría Alejandro Trasbach, mentres Brandan Márquez conformaríase coa cuarta praza.

Foto: Difusion ProSport

Fonte: La Voz de Galicia 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Esteban Sánchez e Lara Lois impuxéronse na Transgalaica VigoBikeContest

Mas noticias relacionadas