Lois ampliou a súa vantaxe no Open de España de XCM nunha xornada inesquecible para Guerra en Cambrils

Publicado por: F.G. Ciclismo

Dobre alegría para a estructura do Extol – La Gramola Team na Scott Marathon Cup de Cambrils, terceira proba puntuable do Open de España de Cross Country Maratón (XCM). Lara Lois acadou a terceira posición entre as elites e Fernando Guerra asinou o primeiro posto nos máster-30. 

Gañadora das dúas citas anteriores do certame estatal, Lois subiu nesta ocasión a un podio de nivel internacional. A alemá Cemile Trommer impúxose por diante da belga Veerle Cleiren nos 63 kilómetros de percorrido, con 1.200 metros de desnivel acumulado. A 8 minutos e 17 segundos da gañadora chegou a grovense, que aventaxou en  algo máis de 9' á cuarta clasificada Elena Lloret (Olympia). Con este resultado a representante do Extol suma 555 puntos na xeral e amplía o seu colchón a 184 puntos respecto a súa principal ameaza Encarnación Reguero (Selmar).

Na loita polo título máster-30 meteuse de cheo Guerra co seu triunfo en terras catalanas, o primeiro  que acada a este nivel. O biker da formación do Deza, 33º na táboa absoluta, adxudicouse a súa categoría con 1 minuto e 21 segundos de diferencia sobre Cristian Salazar (Planificat). A terceira praza ocupouna Iván Vargas (Suraventura), o líder do Open con 530 puntos. En segunda posición, con 456, aparece o corredor do Extol. 

O cuarto e penúltimo desafío deste certame chegará este domingo en Guadalcanal (Sevilla) co X Maratón Capitana Javi Cabeza. 

 

Máis información

Foto: Extol – La Gramola Team


Enlace con la noticia original: Lois ampliou a súa vantaxe no Open de España de XCM nunha xornada inesquecible para Guerra en Cambrils

Mas noticias relacionadas