Modificacións nos calendarios XCO, Mini BTT e Mini DH o 8 e 9 de xuño

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O 8 e o 9 de xuño haberá probas de XCO, Mini BTT e Mini DH tal e como estaba previsto nun primeiro momento no calendario autonómico deste 2019. Os eventos que ían ter lugar en Marín, suspendidos por causas alleas á Federación Galega de Ciclismo, foron reemplazados por outras citas.

O sábado 8 de xuño na localidade ourensá de Baño de Molgas celebrarase pola mañá o I Mini BTT Estaciones Vivas e pola tarde o II Trofeo Estaciones Vivas XCO, competición puntuable para o Trofeo Federación de Cross Country Olímpico. Ao día seguinte, o domingo 9, chegará a quenda da primeira edición do Mini DH Concello de Ribadumia, dentro do circuíto Mini DH Galicia Series. 

Estas probas están pendentes de aprobación pla Comisión Delegada da FGC. 

 


Enlace con la noticia original: Modificacións nos calendarios XCO, Mini BTT e Mini DH o 8 e 9 de xuño

Mas noticias relacionadas