O Concello de Boiro acolle este venres o XXXIII Trofeo Ciclocross que organiza o Club Ciclista Barbanza

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O Club Ciclista Barbanza, coa colaboración do Concello de Boiro, organiza este venres o XXXIII Trofeo Ciclocross. Á presentación da proba, que se realizou esta mañá na Casa Consistorial de Boiro, acudiron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro e o técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.

Hai case 400 inscritos para a proba, que se vai disputar este venres, e está aberta para as categorías de élite-SUB23 masculino e feminino, JUNIOR masculino e feminino, CADETE masculino e feminino, MASTER feminino, MASTER 30/40/50/60 masculino e PROMOCION. “Na proba participan equipos de toda Galicia e tamén outros asturianos e portugueses” segundo afirmou o presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro.

O técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande, afirmou que “o circuíto está no calendario galego e tamén nacional e é un circuíto moi atractivo ao ser moi rápido e dinámico e que moitos corredores o usan para prepararse de cara á próxima temporada”.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, falou da importancia deste circuíto de Ciclocross e tamén da súa beleza, ao celebrarse no entorno de Praia Xardín e mesturar praia e montaña. O XXXIII Trofeo Ciclocross vaise disputar o venres dia 6, a partir das 9:30 horas coas probas das distintas categorías. A entrega de premios está prevista para as 14:15 horas.

Fonte: Concello de Boiro


Enlace con la noticia original: O Concello de Boiro acolle este venres o XXXIII Trofeo Ciclocross que organiza o Club Ciclista Barbanza

Mas noticias relacionadas