O Vigués presentou a nova Escola Municipal de Ciclismo en Bembrive

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O Clube Ciclista Vigués presentou unha nova Escola de Ciclismo en Bembrive dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas. A presentación tivo lugar na sala de xuntas da Entidade Local Menor de Bembrive en presenza da Alcaldesa Pedánea, Dª Concepción Martinez e D. Carlos Vidal, Presidente do Club Ciclista Vigués, acompañados por Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, D. Guillermo Sande, Técnico da Federación Galega de Ciclismo e unha representación de ciclistas e técnicos do Club.

Noé Rodriguez, Técnico do Club, expuxo brevemente as directrices da Escola e explicou aos asistentes a ilusión que xera este proxecto no Club, continuando co agradecemento do Presidente, D. Carlos Vidal, á Entidade Local Menor de Bembrive, unha zona entrañable para o Club na que xa proxectamos múltiples actividades desde hai anos.

Dª.Concepción Martinez agradeceu ao Club por elixir Bembrive para desenvolver o proxecto e fixo  mención á súa aposta polo apoio ao deporte, o fomento da educación polo medio ambiente e desenvolvemento de actividades nunha contorna saudable. A continuación, D. Guillermo Sande expresou a súa felicitación ao Club polo esforzo que supón poñer en marcha unha nova Escola de Ciclismo.

Pechou a presentación o Concelleiro de Deportes, D. Manel Fernández expresando a importancia de que os nenos poidan facer o deporte que lles gusta e compaxinalo cos seus estudos e outras actividades, o seu agradecemento ao Club Ciclista Vigués e á Entidade Local polo apoio do deporte en Bembrive porque está en auxe e é saudable e unha educación perfecta para ter no futuro cidadáns sans, responsables, educados e felices.

A Escola de Ciclismo inicia a súa andaina o martes día 23 de Outubro nas inmediacións do Colexio Chans – Bembrive e aínda quedan prazas libres.

©CCVIGUÉS


Enlace con la noticia original: O Vigués presentou a nova Escola Municipal de Ciclismo en Bembrive

Mas noticias relacionadas