Os junior galegos deixanse ver na III Volta a la Ribera del Duero

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Roi Domínguez (Fundación Óscar Pereiro) e Martín Soutullo (Selección de Galicia) foron os galegos mellor clasificados no sprint masivo co que se pechou a segunda etapa da III Volta Ciclista Junior Ribera del Duero que ten lugar en terras castelás ata o próximo  dia 19. 

Dominguez (13º) e Soutullo (15º) puideron competir nunha  volata gañada polo belga Van De Paar ( Agrog) que é o líder da carreira tras dúas xornadas celebradas. A segunda etapa tivo lugar entre Aranda do Douro e San Esteban de Gormaz, unha distancia de 91,2 km que o pelotón completou en pouco máis de dúas horas cunha media de 39 quilómetros á hora.

Na primeira xornada celebrada o xoves, unha  contrareloxo por equipos de 19,7 km entre as Adegas Portia e Quintana del Pidio, o combinado galego asinou unha meritoria sétima posición cedendo pouco máis dun minuto sobre o potente equipo belga do Agrog- Apuwels.

A Volta Ciclista Junior Ribera del Duero ten carácter internacional e está englobada no calendario de categoría nacional na que participan 27 equipos de 6 corredores. Ademais da Selección de Galicia tamén compite a formación  junior da Fundación Óscar Pereiro.

A terceira etapa, con 83,1 quilómetros terá lugar entre as localidades de La Horra e Pedrosa de Douro.


Enlace con la noticia original: Os junior galegos deixanse ver na III Volta a la Ribera del Duero

Mas noticias relacionadas