Publicado por: F.G. Ciclismo
A Federación Galega de Ciclismo quere transmitir as súas máis sinceras condolencias aos familiares e amigos de Miguel Ángel Alonso Sierra, falecido o pasado domingo aos 46 anos de idade.
Miguel Ángel participou o ano pasado representando a Galicia no Campionato de España de Ciclismo Adaptado disputado en Málaga, onde acadou a medalla de bronce na proba de remudas por equipos. Un éxito polo que el e os seus compañeiros recibiron o recoñecemento do ciclismo galego o pasado mes de xaneiro na Gala celebrada en Lalín.
Descanse en Paz
Enlace con la noticia original: Pésame polo falecemento de Miguel Ángel Alonso Sierra