Posta de largo en Pontevedra do Farto-Aleata feminino

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O Club Ciclista Farto – Aleata presentouse no Centro Príncipe Felipe en Pontevedra. Á presentación asistiron varios ciclistas profesionais: Delio Fernández, Gustavo César Veloso ou o recentemente gañador da Volta a China, Alex Marque. Tamén asistiron Marcos Serrano (padriño do equipo), Brais Dacal e Luís Mariño.

Desde o xoves e ata o domingo, o equipo feminino dirixido por Luís Méndez está concentrado na sede do club, nun clinic particular que contará con varias charlas de ciclistas profesionais e saídas na estrada.

O equipo está formado por 20 ciclistas: Ana Rodríguez, Andrea Tome, Antia Crende, Antonella Núñez, Cristina Bru, Diana Pedrosa, Elisabete Lopes, Ester Rubio, Fanny Avellaneda, Inés Nascimento, Jenifer Pontes, Joana Cortico, Katiuska García, Laia Conesa, Lorena Sanín, María Pilar, María Correa, Natalia Hortas, Reych Madone e Yamila Palacios.

©Texto e fotos Miguel Mortirolo (Prensa CCFarto)


Enlace con la noticia original: Posta de largo en Pontevedra do Farto-Aleata feminino

Mas noticias relacionadas