Presentación do Club Ciclista Ponteareas

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O Auditorio Municipal de Ponteareas acolleu o pasado domingo a presentación dos equipos do Club Ciclista Ponteareas para esta tempada 2019. Fo, sen dúbida, unha das presentacións máis numerosas que que se levan desenvolvido en toda a historia do club xa que máis de 80 nenos e nenas subiron ao escenario arroupados polas máis de 300 persoas presentes no auditorio ponteareán.

Foi un acto moi emotivo onde o Club tivo un fermoso detalle con varias persoas vinculadas ao mesmo e que, nalgún momento, axudaron a esta entidade como é o caso de Luís Giraldez antigo secretario do club; Terio Carrera, antigo ciclista do club e persoa vinculada ao mesmo desde os seus inicios ou a Asociación Churrasparkde Vigo pola axuda prestada para a construción da súa pumptrack.

Na presentación tamén se proxectaron varios vídeos resumindo a tempada 2018 onde o club subiu a un total de 262 podium conseguindo varios campionatos galegos, copas de Galicia e mesmo un Campionato de España. Comeza, pois, unha tempada absolutamente ilusionante.

Fonte: Club Ciclista Ponteareas e Comarcas na Rede

 


Enlace con la noticia original: Presentación do Club Ciclista Ponteareas

Mas noticias relacionadas