Resumo da Asemblea Xeral Ordinaria da FGC celebrada o 7 de decembro

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Este sábado, 7 de decembro, a Federación Galega de Ciclismo celebrou a súa Asamblea Xeral Ordinaria. A sesión arrincou co primeiro punto da orde do día, a aprobación das dúas actas de reunións anteriores. No segundo punto, deuse paso á exposición do orzamento do exercicio 2020 aprobado por unanimidade.

O terceiro punto, as Obrigacións Financeiras 2020 nas que se trataron os prezos das taxas e licenzas foron aprobadas por maioría de votos. Destacar a conxelación das taxas federativas e arbitraxe. Os prezos das licenzas varían para os masters, igualándose co novo prezo das licenzas élite-sub 23, todas elas a 105 euros e para os cicloturistas que pasan de 88 a 91 euros. Estas modificacións veñen derivadas polo cambio de compañía de seguro de accidentes e as melloras dos servizos concertados.

O calendario deportivo 2020, cuarto punto da orde do día foi aprobado por unanimidade. O quinto, estudo da Normativa Técnica 2020, o punto máis extenso da asamblea, aprobado por maioría de votos acordáronse entre outras as seguintes novidades de cara á próxima temporada:

– En Ciclismo Escolar, límite de participación máximo 25 carreiras

– Uso da radio e outros medios de comunicación a distancia para os corredores cadete, júnior, sub-23 e elite nas probas de estrada

– Por seguridade, esixirase un mínimo de 8 puntos de control con voluntarios nos circuitos de XCO 

– Pago de inscrición máxima para os cadetes, 10 euros e os juniors 15 euros nas probas puntuables da Copa Galicia de Enduro e DH

– Creación de novos caixóns nas grellas de saídas das probas XCM, chamada aos 50 primeiros corredores da clasificación absoluta

– Clasificación para o mellor equipo en cada proba puntuable da Copa Galicia Enduro, DH e XCM seguindo a clasificación absoluta

– Prohibición do uso de cinturóns portadorsais. Prohibición no tamaño de roda 29" para as categorías benxamíns, promesas e principiantes. Obrigatorio tapóns dos manillares de plástico. Novas normas para as probas de Mini BTT

– Cambio do sistema de clasificación para as probas de Mini DH baseado nunha manga clasificatoria e manga final

  A sesión finalizou cos rogos e preguntas dos asistentes.  


Enlace con la noticia original: Resumo da Asemblea Xeral Ordinaria da FGC celebrada o 7 de decembro

Mas noticias relacionadas