Suarez (Ouro), Mariño (prata) e Álvarez (bronze) foi o balance dos galegos no Campionato de España de Descenso

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A participación galega no Campionato de España de Btt descenso saldouse con tres medallas logradas polo vigués Anxo Suárez (Singletrack), que se fixo co ouro na categoría elite, o arosano Victor Mariño (Selección de Galicia) que foi subcampión junior e Diego Álvarez (Selección de Galicia), terceiro clasificado en master 30a. Ademais dos medallistas, tamén destacou Marco Martínez (Selección de Galicia), que obtivo a cuarta praza entre os junior.

Suaréz (Singletrack) venceu no seu particular duelo co canario Edgar Carballo a quen avantaxou na meta de Rute (Cordoba) por apenas dous segundos. Entre ambos puxeron moi cara a loita pola medallas feito que reflicte a situación do terceiro clasificado elite, o piloto andaluz Luís Zarco que obtivo o bronce a 17:88 do galego.

A sorte non estivo ao lado do naronés Marco Veiga (Selección de Galicia) que sufriu unha dura caída na xornada de adestramentos do sábado deixándolle secuelas que lle lastraron na competición. O empeño do galego empúxolle a disputar a cualificación logrando un modesto 15º posto e unhas sensacións que derivaron na súa ausencia na final. Manuel Pellón ( BDM) completou como sexto unha gran primeira manga mentres que finalizou no posto 12º na final.

O sub 23 Kevin Méndez (Selección de Galicia) tivo que empregarse a fondo para mellorar unha aciaga cualificación que lle forzaba a abrir a final na súa categoría. A fortuna tampouco acompañou ao de Pulpeiros que acabou no posto 15º a dous minutos e medio do vencedor, o catalán Alex Marín.

Os junior Victor Mariño e Marco Martínez (Selección de Galicia) demostraron que son o futuro inmediato do descenso galego e ao subcampeonato do primeiro a punto estivo de sumarse outra presea pero o do Team Corbelo quedou ás portas. A prata de Mariño é un logro destacable tendo en conta o nivel mostrado polo novo Campión de España, o catalán Ignasi Jorba quen se impuxo con gran autoridade nas dúas baixadas. A caída do andaluz Kirchmayer tamén despexou a loita polo podio.

A primeira alegría da xornada para os galegos chegou co bronce de Diego Álvarez (Selección de Galicia) en master 30a. Tras unha cualificación prometedora na que o redondelano marcaba o mellor tempo con 3:53:88 (entre os vinte mellores tempos do global), pequenos detalles desprazáronlle ata unha gran terceira praza por detrás do gañador da Copa Catalá 2018, Lluis Rovira (VIlajuiga) e o andaluz Alejandro Lozano (Show Estafe).

Con todo os galegos non gozaron de igual sorte noutras categorías: o cadete Senen Bastos que tras ser décimo na manga de cualificación a duras penas puido cruzar unha accidentada final pechando a clasificación da súa categoría. O seu compañeiro Efren Pais (Avanza) se puido mellorar en máis dun minuto o tempo de cualificación (5:48:96) ata os 04:48:99 que lle valeron para alcanzar a novena posición.

A cita máis importante do calendario nacional tivo lugar no municipio cordobés de Rute e disputouse sobre un trazado de dous quilómetros de distancia e 390 metros de desnivel negativo.

RESULTADOS DOS PARTICIPANTES GALEGOS

CAT

CICLISTA

CLUBE

TEMPO

Calificación

TEMPO

Clasificación

POSTO

Elite

Ángel Suárez

Singletrack

3:37:34 (2º)

3:18:41

 

Manuel Pellón

BDM Bike Club

3:48:05 (6º)

3:59:00

12º

 

Marco Veiga

Selección de Galicia

4:00:59 (12º)

RET

Sub23

Kevin Yoel Méndez

Selección de Galicia

16:21:29 (19º)

5:58:20

15º

Junior

Victor Mariño

Selección de Galicia

3:54:47 (4º)

3:42:92

 

Marco Martínez

Selección de Galicia

4:00:97 (6º)

3:58:19

Cadete

Efrén Pais

Avanza

5:48:96 (16º)

4:48:99

 

Senén Bastos

Selección de Galicia

4:50:44 (10º)

16:32:54

19º

Master30

Diego Félix Álvarez

Selección de Galicia

3:53:88 (1º)

3:53:38

 
Foto podio élite. De esquerda a dereita: Edgar Carballo (Canarias), Angel Suarez (Galicia) e Luis Zarco (Andalucia).

Enlace con la noticia original: Suarez (Ouro), Mariño (prata) e Álvarez (bronze) foi o balance dos galegos no Campionato de España de Descenso

Mas noticias relacionadas