Un novo podio de Canal na Copa do Mundo o sitúa como favorito para o mundial de Bogense

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O ciclista galego Carlos Canal, volveu subir ao podio dunha proba de Copa do Mundo de  ciclocrós coa segunda praza lograda na localidade holandesa de  Hoogerheide. En vinte días Canal sumou o triunfo no Campionato de España e dous podios en Copa do Mundo o que o presenta como un dos favoritos para o Campionato do Mundo junior en Dinamarca. 

Nun circuíto mítico, casa de Van  der  Poel, o  limiano disputou o triunfo ao esprint na mesma liña de meta tras iniciar a carreira na segunda liña. Canal demostrou atoparse nun gran momento de forma situándose pronto na cabeza e marcando un alto ritmo co que distanciarse dos seus perseguidores desde o primeiro xiro e quedando nun persoal man a man cos representantes belgas.

Ao final, a mínima diferenza de 9 segundos separou ao galego dunha vitoria que foi para  Witse  Meeussen.

Na proba  sub 23 tomou parte Iván Feijoo. O allaricense non chegou á proba holandesa no seu mellor estado de forma e a pesar de tentar recuperarse ás alancadas, a falta de forzas relegoulle ao posto 28º da proba.

A marinense Irene  Trabazo  completou na fin de semana dúas probas logrando a décima praza en  Rucphen e ser a segunda mellor española en  Hoogerheide tras Aida  Nuño.

Tanto Canal como Feijoo e  Trabazo viaxarán a Dinamarca para a disputa da última gran cita da tempada, o Campionato do Mundo en  Bogense.

Outro dos membros do Club Ciclista Maceda, o  junior Marco Nube, desprazouse ata Ávila onde disputou a proba inaugural do  Open de  BTT  XCO de Castela León demostrando a súa recuperación despois da intervención cirúrxica de clavícula do pasado 19 de novembro que o tivo tres meses afastado da competición. Nube logrou unha meritoria segunda praza tras pelexar na cabeza toda a proba e demostrando que a súa lesión está superada.

©Foto CC Maceda


Enlace con la noticia original: Un novo podio de Canal na Copa do Mundo o sitúa como favorito para o mundial de Bogense

Mas noticias relacionadas