Cancelación Rexistral de Entidades Deportivas

Publicado por: F.G. Deportes Invierno

Resolución do 7 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se decreta a cancelación rexistral no Rexistro de Entidades Deportivas e a perda do recoñecemento oficial de determinadas entidades deportivas.

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, no uso das competencias desconcentradas nos secretarios xerais dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, en virtude da disposición adicional segunda do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia
RESOLVE:
Primeiro. Decretar a cancelación rexistral no Rexistro de Entidades Deportivas e a perda do recoñecemento oficial das entidades deportivas que figuran no anexo I da presente resolución por non ter presentado os estatutos modificados e adaptados á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, ou por telos presentado fóra do prazo establecido ou por non presentalos por vía electrónica a través do formulario normalizado.
Terceiro. As federacións deportivas galegas, de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, deberán dar de baixa aquelas entidades deportivas afiliadas a cada federación que figuren no anexo I.

Diario Oficial de Galicia [ver]


Enlace con la noticia original: Cancelación Rexistral de Entidades Deportivas

Mas noticias relacionadas