A UD Ourense anticipará as súas eleccións á Xunta Directiva

Publicado por: U.D. Ourense

A Unión Deportiva Ourense convoca para esta mesma tarde, ás 19 horas, unha rolda de prensa no estadio do Couto para dar conta de forma pública da decisión de anticipar o proceso electoral para escoller a nova Xunta Directiva.

As bases para postularse á dirección do club contemplan, entre outras condicións, a necesidade de que os socios conten cunha antigüidade de 10 anos, ter localidade na bancada de tribuna, ter comprado a camiseta do equipo e residir no barrio do Couto.

Entre os posibles candidatos a suceder a Modesto García na presidencia da Unión Deportiva Ourense, atópanse o redactor de La Región Laureano Nieto, a traballadora do club María Celia e o ex xogador do Club Deportivo Ourense Quique Estebaranz. Modesto García anunciará a súa renuncia a continuar no cargo no próximo mandato.

La entrada A UD Ourense anticipará as súas eleccións á Xunta Directiva se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: A UD Ourense anticipará as súas eleccións á Xunta Directiva

Mas noticias relacionadas