A UD Ourense volcase en apoio a Anasbabi

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense portará durante a saída o campo unha pancarta en apoio a Anasbabi, asociación que loita contra as enfermedades ultrarraras. Modesto García e Manuel Cabaleiro por parte da UD Ourense e Jose Carlos Pumar, como presidente da asociación presentaron esta iniciativa nas oficinas de O Couto.

Este domingo visita O Couto o Pontellas, nun encontro trascendental no deportivo e que tamén o será, unha vez máis, no plano solidario. A UD Ourense, no seu compromiso constante de apoiar iniciativas en favor dos ourensás, voltará, desta vez, a realizar un acto en favor dos enfermos aqueixados de doenzas ultrarraras e que son moi difíciles de diagnosticar. Deste xeito, tratamos de concienciar a sociedade dos problemas cotidianos os que se enfrentan na provincia unhas 30.000 persoas aqueixadas de doenzas as que non se lles atopa un diagnóstico en tempo prudencial.

Os nosos portarán unha pancarta na saída o terreo de xogo para apoiar a Asociación Anasbabi, que loita para dar a coñecer os casos de enfermedades ultrarraras e para concienciar a sociedade de que toca realizar un amplo investimento nesta faceta, tanto a título persoal, como empresarial e institucional.

O presidente de Anasbabi recalcou que: “é unha satisfacción que este club apoie unha causa como a nosa que trata de pór a disposición dos pacientes e as súas familias os recursos que temos para facerlles a vida un pouco mellor porque estas enfermidades levan consigo unhas patoloxías que complican moito a vida”.

Modesto García, presidente da UD Ourense tamén quixo destacar que: “o obxetivo e concienciar a todos os ourensás desta iniciativa e dar a coñecer esta asociación que loita contra as doenzas ultrarraras e a que queremos apoiar polo seu traballo en favor dos ourensás e de tantos outros aqueixados deste problemas”.

No acto organizado nas oficinas de O Couto e onde se presentou os medios esta nova iniciativa, participaron Modesto García, presidente do clube, Manuel Cabaleiro, directivo e José Carlos Pumar, presidente de Anasbabi. Dende a UD Ourense voltamos a confirmar o noso apoio por todos aqueles que máis o precisan, como clube con valores populares que temos.

La entrada A UD Ourense volcase en apoio a Anasbabi se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: A UD Ourense volcase en apoio a Anasbabi

Mas noticias relacionadas