Atlético Marcón 2-1 UD Ourense: Chegou a hora de erguerse

Publicado por: U.D. Ourense

Derrota da UD Ourense diante do Marcón que os afasta dos postos de ascenso. Poucas ocasións dos vermellos, que recibiron un tanto psicolóxico antes do descanso. A expulsión de Omar e o segundo tanto dos locais fixo imposible a remontada vermella, que tivo que conformarse cun único tanto, anotado por Alfredo dende os 11 metros.

“Caerse está permitido, levantarse é obrigatorio”. Esta consigna ben pode definir a actualidade da UD Ourense, un equipo que tropezou de novo por segunda xornada consecutiva e que debe revertir a situación canto antes para voltar a engancharse a pelexa polo ascenso a Terceira División. O fútbol é cuestión de dinámicas e os vermellos entraron nas últimas xornadas nunha mala racha a que toca darlle a volta. Mentras hai vida, hai esperanza e os vermellos quédanlles todavía 12 finais e 36 puntos en xogo para acadar o obxetivo e dar o salto a categoría nacional.

O partido arrincou cos vermellos tocando o coiro e controlando a situación, pero sen conseguir conectar cos homes de ataque. Currás fixo poucas variacións, a excepción da entrada de Joni e Alfredo, que regresaban a titularidade tras superar as súas lesións. Non daban ca tecla os vermellos, que a pesares de ter o balón, non canalizaban o seu xogo cara a portería rival. Alfredo tivo a máis clara nun lanzamento de falta que repeleu o cancerbeiro, foi a única chegada perigosa nun partido no que os balóns colgados foron a opción ante un equipo moi ben repregado e que conseguía gañar a partida por arriba os ourensáns.

Antes do descanso chegou a primeira fatalidade da tarde. Codeso derribaba a Sapi no área e o colexiado decretaba a pena máxima. Corría o minuto 44 e Iván non errou dende os 11 metros. Gol para os locais varapalo anímico para un equipo que non atopaba o seu xogo.

Trala reanudación, Currás lanzouse o ataque e deu entrada a Omar por Codeso, buscando maior creatividade na medular e que os balóns se xogasen por baixo. Aínda así, o perigo non chegaba e os locais asustaban a contra. O Marcón anotou un tanto que foi anulado polo colexiado. Omar vía a tarxeta vermella por unha entrada na medular e o partido rompíase por completo. O Ourense cun home menos, tentouno e Josu rozou un gol nun remate no interior da área, que o meta rival sacaba con máis fortuna que maña.

O MArcón mataría o partido a contra. Sapi remataba a porta vacía con Pato vencido tras unha gran xogada de Iván e sentenciaba o encontro. De ahí o final, Unai foi do máis destacado, dando máis verticalidade en ataque e provocando un penalti que Alfredo remataría o fondo da rede. Foi a última bala de un Ourense que veu como Pato salvaba o terceiro e que voltaba a cidade de baleiro.

Chegou a hora de erguerse e revertir a situación. O próximo domingo toca vencer o Campo Lameiro e esperar algún tropezo para recuperar posicións e recurtar o 6 puntos que nos distancian dos postos de ascenso. O Couto ten que ser unha caldeira nunha final para o equipo na que a comunión campo-grada pode decidir o devir do futuro. Con 36 puntos por xogarse queda un mundo en xogo, pero toca recuperar a moral duns xogadores que dende hoxe xa so pensan en gañar.

La entrada Atlético Marcón 2-1 UD Ourense: Chegou a hora de erguerse aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Atlético Marcón 2-1 UD Ourense: Chegou a hora de erguerse

Mas noticias relacionadas