Base fútbol 11 Fin de semana 27-28 Outubro

Publicado por: U.D. Ourense

Houbo de todo un pouco nos partidos de fútbol 11 de #anosabase

Calasancio – Xuvenil A

Empate no partido disputado en Monforte nun campo que non estaba nas mellores condicións. Tras unha primeira metade sen ocasións destacables o panorama trocou na segunda metade na que se dispuxo de algunha oportunidade.

Monforte – Xuvenil B

Empate na visita ao Luis bodegas nun partido competido no que os nosos se adiantarían no marcador na primeira metade para posteriormente ver como o Monforte igualaría antes do tempo de lecer. Xogouse con dez dende o minuto 30 por unha expulsión, o que non evitou que houber oportunidades para gañar o partido.

Verín B – Cadete A

Nova victoria na Granxa diante dun rival que non o puxo fácil durante a primeira metade. Tralo paso por vestiarios paso ao fronte dos nosos que se saldou cunha clara victoria.

Cadete B – CD Rúa

Derrota no encontro disputado no Miraflores na tarde do sábado nun encontro que se decidiu nun erro local na segunda metade tras un encontro con poucas opción de gol.

Infantil A – Pabellón B

Victoria nun partido de clara cor local, disputada baixo a choiva e moito frío. Dominio dos nosos tanto na primeira metade como na segunda ante un rival que non inquedou ao gardarredes.

Ourense CF C – Infantil B

Victoria nun partido moi parexo de principio a fin con reparto de oportunidades e que caeu do noso lado cara o remate do partido

La entrada Base fútbol 11 Fin de semana 27-28 Outubro se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Base fútbol 11 Fin de semana 27-28 Outubro

Mas noticias relacionadas