Base fútbol 8 Fin de semana 1 -4 de Novembro

Publicado por: U.D. Ourense

De todo un pouco nos partidos de fútbol 8 disputados polos máis miúdos de #anosabase

Pabellón A –Alevín A

Empate nun gran partido de os nosos que conqueriron igualar na segunda metade un encontro con moita presencia de xiareiros do clube nas bancadas.

Santa Teresita – Alevín B

Derrota nun partido igualado e con moitas ocasións para os dous equipos, que levou o equipo que tivo máis acerto nas dúas áreas nos derradeiros minutos.

Alevín C – Pabellón C

Derrota nun partido moi disputado e igualado que se decidiu na segunda metade a favor do equipo que aproveitou mellor os erros e as oportunidades.

Pabellón A- Benxamín A

Derrota ante un rival moi superior que xa chegou ao tempo de lecer con vantaxe e que a aumentaría na segunda metade. Competiron de todos xeitos os nosos ata o remate do partido

Verin – Benxamín B

Victoria nun partido no que comezamos moi ben pero unha serie de erros fixo que o Verín se metera no encontro durante a primeira metade. Tralo parón houbo un dominio máis claros de os nosos

Prebenxamín A – Santa Teresita

Derrota nun partido moi bonito e disputado, con moitas ocasións para os dous equipo e que rematou caendo do lado visitante. Houbo emoción ata o remate, nunha segunda metade na que se desnivelou o encontro.

Prebenxamín B – EDO

Derrota nun partido dominado polos visitantes nunha primeira metade na que saímos despistados e a EDO colleu terra de por medio. A segunda metade foi moito máis disputada.


La entrada Base fútbol 8 Fin de semana 1 -4 de Novembro se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Base fútbol 8 Fin de semana 1 -4 de Novembro

Mas noticias relacionadas