CD Moaña 0-1 UD Ourense: Éxtase ourensanista no Casal

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense vence o Moaña en O Casal gracias a un golazo de Joni no desconto. Os vermellos fixeron un gran encontro nun terreo de xogo alagado pola auga caída o longo do día e foron superiores o seu rival en prácticamente tódalas facetas. Os de Currás xa son líderes en solitario da Preferente. 400 ourensanistas acompañaron o equipo en terras do Morrazo.

Hai encontros que marcan un antes e un despois no devir dunha tempada, partidos que se recordan o longo da historia pola intensidade, a importancia ou o que supuxeron. O de onte en O Casal, non foi un encontro máis, foi unha tarde de festa ourensanista lonxe da nosa terra, foi unha demostración de comunión entre bancada e equipo, foi unha mostra de forza e paixón por uns colores, os vermellos, que foron maioría, coma xa ven sendo habitual, na bancada rival.

Marcado coma un dos partidos claves da tempada, os de Currás chegaban a Moaña ca lección ben aprendida da primeira volta, cando os moañeses sacaron un punto de O Couto nun exercicio ofensivo e de aproveitar o máximo a súa efectividade. O preparador de Esgos optou por un esquema táctico idéntico o da pasada xornada. Pato actuou baixo porta, cunha liña defensiva conformada por Josu, Vieytes, Corzo e Codeso. No dobre pivote xogaron Luig e Germán, con Presas de enganche, Joni e Alfredo nas bandas e Hugo no ataque.

Foi un encontro moi físico, de moito balón dividido e pugna por facerse co control dun esférico que según pasaban os minutos, facíase máis difícil de controlar debido a cantidade de auga que alagaba xa o céspede sintético do estadio moañés. Os locais sairon moi fortes dende o comezo, desputando a posesión e volcándose en ataque cada vez que se facían co coiro. Os nosos víanse superados na medular nestes primeiros instantes, especialmente en contras tras recuperar o coiro, pero a defensa vermella amosouse moi segura e non concedeu ocasións o conxunto local,

Foi unha primeira parte de gran desgaste físico, que se acrecentaba nos momentos de intensa choiva e granizo. Ningún dos dous equipos lograba chegar a meta rival con perigo. Os ourensás tentárono con faltas lonxanas, pero o coiro marchaba desviado. A máis clara chegou nun testarazo de Joni tras centro de Alfredo, pero o coiro non vía porta. A bancada pediu un penalti sobre Hugo, un dos máis activos en ataque, loitando cos centrais, arrastrando xogadores, abrindo ocos, controlando balós compricados e xerando moito perigo a zaga rival. O colexiado amonestou o dianteiro ourensán, pero o derribo era claro.

Tralo paso por vestiarios, a choiva voltou a facer acto de presencia e rematou por compricar a circulación do coiro. A bola frenabase antes de chegar, custaba guiala sobre o céspede e xogaba malas pasadas os xogadores, cando se pasaban de freada. Currás deu entrada a Fran Martínez en detrimento de Presas e o verinés foi un dos máis determinantes, caendo as bandas e xerando moito perigo tanto en desbordes coma en asociación cun Hugo curtido entre zagueiros rivais.

O Ourense deu un paso adiante e o Moaña comezou a recular sobre o céspede, froito da intensidade e o dominio vermellos. Os locais, eso sí, dixpuxeron dunha ocasión nun remate de falta na frontal, que detivo Pato sen problemas. Os vermellos comezaban a chegar con máis perigo e as ocasións empezaron a facer acto de presencia. A primeira delas tivo coma protagonistas a Luis e Alfredo, que aproveitando que os rivais recuaran cara o área e tendo superioridade numérica, decidiron executar en corto e Luis puña un centro libre de marca, que Josu remataba, pero o cancerbeiro rexeitaba.

A partir dese momento, e salvo unha réplica moañesa, nunha xogada na que Pato despexou un gran disparo rival e un dianteiro recolleu o rexeite en fora de xogo, polo que o tanto foi anulado, non chegaría máis perigo a meta vermella. O Ourense levaba a iniciativa e tentaba trenzar sobre un céspede impracticable. Fran e Hugo asociáronse moi ben, non só combinando, senón xerando superioridades o regatear a varios rivais, sen embargo o gol resistíase.

Tivoa Josu nun balón rexeitado que se marchaba por rozando o longueiro rival. Currás daba entrada a Durán por Alfredo para refrescar o ataque. O mediapunta supuxo outro sopro de aire e deixou grandes detalles. Hugo forzaba un córner nun disparo escorado tras unha gran cabalgada deixando rivais atrás. Eran os mellores momentos dos ourensás, pero seguían sen ver porta. O propio Hugo voltaba a tentalo cun remate a centro de Fran, pero topábase co gardamallas.

Encarábase o desconto, cando chegou o tanto do encontro. Pato sacaba de portería e o balón rexeitabao a zaga rival, chegáballe a Germán, que llo colgaba a Joni. O de Carballeda rompía no control o seu marcador e executaba unha volea que sorprendía o cancerbeiro moañés e desataba a festa na bancada. O ourensanismo estalaba de ledicia nun momento clave, co gol do triunfo que coloca os vermellos líderes da táboa con 2 e 3 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores.

Consulta a galería de fotos en:

Facebook e Flickr

 

La entrada CD Moaña 0-1 UD Ourense: Éxtase ourensanista no Casal se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: CD Moaña 0-1 UD Ourense: Éxtase ourensanista no Casal

Mas noticias relacionadas